CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
SEDE ELECTRÓNICA
TRANSPARENCIA
CONTRATACIÓN
COVID-19
————————————————–
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE NOVE PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, PARA O PROXECTO “CONTRATACIÓN PERSOAL PLAN CONCELLOS 2022, DENTRO DO PLAN DE CONCELLOS 2022 – LIÑA 3 SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA (Exp: 336/2022, DECRETO 2022-0123) Bases e convocatoria
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA (Exp: 336/2022 DECRETO 2022-0127) Lista de persoas candidatas
————————————————–
XXI EDICIÓN DA CACHEIRA
Domingo, 27 de Marzo de 2022, a partir das 12:00 h., na plaza do Concello:
Desfile e actuación da comparsa “Vaibén” de Cepeda
Actuación dos grupos musicais locais: “Pousadouro” e ” Árdelle o Eixo”
PREGÓN a cargo da cociñeira Cristina Boullosa Míguez
CACHERA PARA LEVAR POR ENCARGO:
Reservas ata o martes 22, no Concello, e no teléfono 986 49 70 35
(Recolleránse o domingo 27, de 12:30 a 14:30)
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Pazos de Borbén a través do O Plan de obras e servizos (Plan Concellos), Liña 3. Emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais unha subvención de 89.360,64 € para contratación de 12 peóns de obras públicas en xornada de 30 h./sem. durante 6 meses para o ano 2022.
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN É BENEFICIARIO DAS AXUDAS A SECTORES ECONÓMICOS AFECTADOS POLA PANDEMIA DA COVID-19 NO ÁMBITO DO MUNICIPIO DE PAZOS DE BORBEN, FINANCIADAS CO PLAN CONCELLOS 2021, LIÑA 2 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA POR IMPORTE DE:
8.742,70 €
O Concello de Pazos de Borbén vai implementar un punto limpo móbil ,co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.
“O Concello de Pazos de Borbén vai implementar un punto limpo móbil ,co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.
Esta actuación está subvencionada ao 100% ao abeiro da ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT975I), DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021.
Os obxectivos, contido e plan de actuación do proxecto é reforzar esas debilidades do sistema actual e facilitarlle aínda máis á poboación a reciclaxe dos residuos e en concreto:
• Evitar o vertido incontrolado de residuos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.
• Xestionar correctamente os residuos perigosos xerados no fogar.
• Reducir o volume de residuos a tratar ou eliminar en vertedoiro.
• Fomentar os programas de sensibilización e formación ambiental.
• Aproveitar os materiais contidos nos residuos que son susceptibles dunha reciclaxe directa, conseguindo un aforro enerxético e de materias primas.
• Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos no medio natural e urbano do termo municipal.
Entre os beneficios ambientais derivados dos obxectivos anteriormente citados, cabe salientar que se evita o vertido de pilas, aceites e outros residuos perigosos, cuxos materiais provocan unha contaminación do medio e de cursos de auga se non se recollen de maneira controlada, e segundo a situación do concello de Pazos de Borbén, conta con gran cantidade de ríos : Río Borbén, Río Louro, río Barragán o cal conta con unha inportante senda de 17 km, río Pequeno e o río Alvedosa. Con elo paliaríamos a posible contaminación destas masas de auga. Ademais evitaríanse os vertidos incontrolados, por exemplo no monte, que supoñen unha importante perda de recursos paisaxísticos.
Pretende adquirirse un punto limpo móbil para pequenos residuos, que se poda colocar en diferentes sitios do concello, segundo un calendario preestablecido ou segundo a demanda que poda existir nun momento dado, para que a xente saiba que pode acudir a depositar esas pequenas cousas polas que non lles compensaría desprazarse ata outros puntos limpos situados fora do noso concello.
Este punto limpo móbil tería diferentes compartimentos:
– pequena chatalla electrónica/pequenos electrodomésticos
– pintura/bernices/disolventes
– aceites
– radiografías
– roupa/xoguetes
– baterías/pilas
– bombillas/fluorescentes”
Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)
O municipio de Pazos de Borben, adheriuse á iniciativa europea “Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía” co obxectivo de mellorar a sustentabilidade do municipio, asumindo o compromiso voluntario de reducir as emisións de CO2 nun 40% antes de 2030, mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e desenvolver medidas para adaptarse ás consecuencias do cambio climático. O Plan de acción fundaméntase no novo Pacto dos Alcaldías para o Clima e a Enerxía que pretende achegar os obxectivos enerxéticos marcados por Europa aos municipios de todos os países europeos.
Por iso os municipios asinantes comprométense a:
Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030
Aumentar a capacidade de resiliencia de Pazos de Borbén mediante a adaptación ao cambio climático.
Á súa vez, o primeiro obxectivo básico apóiase en dous complementarios que son:
Minimizar o consumo enerxético no municipio. Con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.
Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables. Existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.
Co fin de conseguir estes obxectivos realízanse distintas liñas transversais dividindo as medidas que se van a realizar no municipio por sectores para cumprir a periodicidade dos informes asociados ás distintas seccións de MyCovennant, centrándose principalmente naqueles que repercuten de maior maneira na produción de emisións.
A elaboración deste documento conta co apoio financeiro da Conselleria de Medio Ambiente , Territorio e Vivenda dá Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER ).”
Inventario municipal do Concello de Pazos de Borbén
>> Ver planos
BASES E CONVOCATORIA PARA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 2 PRAZAS DE SOCORRISTAS PARA FOMENTO DE EMPREGO E MELLORA DA EMPREGABILIDADE NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES LOCAIS, POLA ORDE DO 12 DE ABRIL DE 2021 (DOG Núm. 73 , do 20 de abril de 2021).
BASES E CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UNHA PRAZA DE PEÓN FORESTAL, DENTRO DO SERVIZO “CONTRATACIÓN PEÓN FORESTAL APROL RURAL 2021” SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA EMPREGO E IGUALDADE SEGUNDO A ORDE DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL.
SELECCION PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE DÚAS PRAZAS DE PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, PARA O PROXECTO “CONTRATACIÓN PERSOAL PLAN CONCELLOS 2021, DENTRO DO PLAN DE CONCELLOS 2021 – LIÑA 3 SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Teléfonos e contacto
Concello: 986497035 / 986497420
A.E.D.L e OMIX: 986498934.
Centro antena e biblioteca: 986497273
Centro de Saúde: 986497347
CPI Curros Enriquez:886110501 /509
Farmacia: 986497127
Garda Civil de Fornelos: 986 76 85 17
NOVAS
1ª Gala da Muller
Domingo 1 de Maio de 2022, ás 18:00h.
Salón de actos do Concello
Presentada por Marta Doviro
Xornada Informativa sobre a Factura da Luz
Data:29/04/2022
Hora:17:30
Lugar: Salón de catos do Concello de Pazos de Borbén
XXI Edición da cacheira
Domingo, 27 de Marzo de 2022, a partir das 12:00 h., na plaza do Concello:
Desfile e actuación da comparsa “Vaibén” de Cepeda
Actuación dos grupos musicais locais: “Pousadouro” e ” Árdelle o Eixo”
PREGÓN a cargo da cociñeira Cristina Boullosa Míguez
CACHERA PARA LEVAR POR ENCARGO:
Reservas ata o martes 22, no Concello, e no teléfono 986 49 70 35
(Recolleránse o domingo 27, de 12:30 a 14:30)
Patinaxe
O Concello de Pazos de Borbén oferta a actividade de patinaxe, por Depoescolas da Deputación de Pontevedra.
Horario: Martes de 15:45 a 16:45
Actividade gratuita
Lugar:Pavillón municipal
Máis información na OMIX do Concello de Pazos de Borbén, 986497035