Protección de datos

A protección de datos garante o dereito da cidadanías a controlar os seus datos persoais e a dispor e decidir sobre os mesmos. Toda a cidadanía ten o dereito fundamental á protección da súa privacidade e dos seus datos persoais.

 

O tratamento dos datos de carácter persoal que se reciban a través desta sede electrónica axustarase aos principios e obrigacións establecidos no Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (RGDP), relativo á protección das persoas físicas con respecto ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos ditos datos, e polo que se derroga á Directiva 95/46/CE. Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (vixente ata a aprobación da nova Lei orgánica de protección de datos) e ao seu Regulamento de desenvolvemento, aprobado por Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

 

O Concello de Pazos de Borbéncomprométese ao cumprimento da súa obrigación de confidencialidade con respecto aos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta sede, e ao seu tratamento. Para estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

 

A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados, e o seguimento de consultas realizadas polas persoas usuarias.

 

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen e para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

 

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obrigación legal, entre as que poden estar as comunicacións a Xuíces e Tribunais.

 

En todo momento poderanse exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición solicitándoo á Dirección da Axencia por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción.

 

O Concello de Pazos de Borbén en cumprimento do deber de informar establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (en diante RGPD) e demais normativa concordante sobre a materia indica:

 

Quen é o Responsable do Tratamento dos datos?

 

Identidade : O Concello de Pazos de Borbéné a entidade responsable do tratamento dos datos persoais.

 

Dirección postal Concello de Pazos de Borbén,Lugar Pazos, 52 – 36841 – Pazos de Borbén (Pontevedra)

Direccións electrónicaS :

https://pazosdeborben.gal 

http://pazosdeborben.org

Correo electrónico : concello (arroba)pazosdeborben.org

Teléfono : 986 497 035


Delegado de Protección de Datos
 

Datos de contacto:

Correo postal: Rexistro Xeral. Concello de Pazos de Borbén,Lugar Pazos, 52 – 36841 – Pazos de Borbén (Pontevedra) TELF: 986 497 035