Deledado/a de protección de datos

No Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD), disponse que os responsables e encargados de tratamento deberán designar a una persoa delegada de protección de datos (DPD) no suposto de que “o tratamento o leve a cabo unha autoridade ou organismo público”, tanto en calidade de responsable coma en funcións de encargado de tratamento (art. 37.1.a RXPD).

Que responsabilidade ten a persoa delegada de protección de datos e en que lle pode axudar?
Un delegado/a de protección de datos ten que supervisar o cumprimento interno da normativa vixente en materia de datos persoais.

Cales son as funcións da persoa delegada de protección de datos?
No RXPD sinálanse entre as funcións da persoa delegada de protección de datos as de:

Informar e asesorar a persoa responsable ou encargada do tratamento e o persoal empregado que se ocupe do tratamento das obrigas que lles incumben, en virtude do RXPD e doutras disposicións de protección de datos da Unión ou dos Estados membros.
Supervisar o cumprimento do disposto no RXPD, doutras disposicións de protección de datos da Unión ou dos Estados membros e das políticas da persoa responsable ou da encargada do tratamento en materia de protección de datos persoais.

Para contactar coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Pazos de Borbén pode empregar o seguinte formulario.

11 + 6 =

*