Este domingo día 1 de maio celebrarase a 1ª Gala da muller, na que se homenaxea a 8 mulleres do Concello de Pazos de Borbén.

Esta gala é o acto de clausura da acción “ Herdeiras do Saber” dentro da Campaña “365 días pola Igualdade”.

Este proxecto atópase financiado polos Fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade.

Con este proxecto trátase de forma principal a recollida do saber feminino que non se atopa nas enciclopedias e o fomento do trato igualitario entre homes e mulleres, así como a súa transmisión a xeracións futuras.

A gala celebrarase ás 18:00 h da tarde do domingo 1 de maio sendo a entrada libre e estará presentada pola actriz galega Marta Doviro.