Xuventude

omix@pazosdeborben.org

Concello de Pazos de Borbén,
Lugar Pazos, 52
36841 Pazos de Borbén
(Pontevedra)

A O.M.I.X  é un servizo que promove a información e a dinamización xuvenil.

Función
Orientar á mocidade en temas específicos sobre posibilidades, oportunidades e recursos que teñen á súa disposición.

Areas de asesoramento:

-> Educación: asesoramento e orientación en temas relacionados coa oferta educativa e formativa e o mundo do estudante.

-> Emprego e formación ocupacional: como buscar, recursos para o emprego, orientación persoal e currículo, etc.

-> Asociacionismo e voluntariado: asesorar para dinamizar e propiciar a participación xuvenil a través do asociacionismo, voluntariado, grupos informais… Pasos para constituír unha asociación, como facerse voluntario/a, entidades nas que participar, programas de voluntariado, etc.

-> Iniciativa xuvenil: asesoramento e orientación para poñer en marcha as súas ideas, elaboración de proxectos, etc.

-> Turismo xuvenil: aloxamentos, viaxes ao estranxeiro, documentación, cursos de idiomas, etc.

COMO ACCEDER?

Sen necesidade de pedir cita previa Atención directa en persoa, por teléfono ou por correo electrónico omix(arroba)pazosdeborben.org