Emprego

986 498 934

aedl(arroba)pazosdeborben.org

Concello de Pazos de Borbén,
Lugar Pazos, 52
36841 Pazos de Borbén
(Pontevedra)

Orientación laboral, para recibir apoio en relación á túa futura integración no mercado laboral, o modo de enfocar esta integración, técnicas e ferramentas que poidan resultarte de utilidade nese momento, información ao respecto da xestión de emprego… e con posibilidade de acceder a un Itinerario Persoal de Inserción se reúnes as características establecidas.

Formación para o emprego, para complementar a túa formación con coñecementos especializados e específicos en relación ás ocupacións que poidan ser de interese, de acordo ao teu plan de busca activa de emprego.

Información sobre o mercado laboral dentro do teu ámbito de interese (por ámbito xeográfico e por ocupacións) configurable, completa e actualizada, como apoio ao teu proceso persoal de busca activa de emprego.

Captación de Ofertas onde a creación de preofertas é o trámite a seguir para inxectar unha nova oferta dentro do Sistema de Intermediación Laboral.

TIPOS DE ACCIÓNS

Algunhas das accións no Servizo de Orientación Laboral son:

  • A elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil, as necesidades e as expectativas das persoas demandantes de emprego mediante entrevistas personalizadas, para poder encontrar ou manter un emprego ou acceder a un novo.
  • A información sobre o mercado de traballo e os incentivos e medIos disponIbles para o fomento da contratación e o apoio ás iniciativas emprendedoras.
  • O deseño, elaboración e realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego ás persoas desempregadas a través de información e orientación profesional para o emprego e o autoemprego, para a mellora da súa cualificación profesional e da súa empregabilidade.
  • Os contactos coas empresas para difundir información sobre as súas iniciativas para facilitar a inserción laboral, realizando así mesmo unha prospección das necesidades das empresas e o casamento entre as ofertas e demandas de emprego e favorecendo o achegamento entre as necesidades das empresas e as posibles persoas candidatas.
  • A información e orientación sobre o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral para as persoas demandantes de emprego mediante a acreditación oficial da sua cualificación a través de certificados de profesionalidade.
  • A información e o asesoramento ás persoas demandantes de emprego sobre a oferta de accións de formación profesional para o emprego, con acredItación oficial a través do Repertorio de Certificados de Profesionalidade cando estean vinculadas ao Catálogo Nacional de Cualificaciones, así como dos tltulos de formación profesional.
  • Qué che ofrecemos?
  • ¿Qué necesitas para acceder aos servizos?
  • Validamos a túa formación e a túa experiencia laboral
  • Emigrantes con vontade de regreso de Arxentina e Uruguai
  • Traballar en Europa (Rede EURES)

OBRADOIROS DE EMPREGO

Obradoiro de emprego hostalería “Río Pequeno”.

Data de inicio:

Data de remate: 30 de xullo de 2019

Selección alumnado-traballador
>> Baremo selección alumnado-traballador

>> Bases de proceo selección do alumnado-traballador