Servizos sociais

Atención en Servizos Sociais ATENDERASE CON CITA PREVIA nos teléfonos: 986 598 178 / 986 598 190

Horario de atención ao público:
Luns, mércores e venres de 9:00  a 14:00 h. ssocial@pazosdeborben.org

Concello de Pazos de Borbén,
Lugar Pazos, 52
36841 Pazos de Borbén
(Pontevedra)

Os servizos sociais comunitarios  constitúen o acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais

Configúranse como servizos de carácter integrador, o que os constitúe na principal instancia do sistema para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas e familias e de incorporación social e laboral.

Funcions: 

  1. O estudo e diagnóstico social da comunidade, que implica a detección e análise de necesidades e demandas, explícitas e implícitas, no seu ámbito de intervención.
  2. A elaboración dun plan de intervención comunitario acorde coas necesidades detectadas ou anticipadas no diagnóstico social.
  3. A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.
  4. A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso, que incluirá, cando sexa conveniente, a derivación cara ao recurso idóneo dentro do sistema galego de servizos sociais ou a outros sistemas de benestar ou a asistencia nos trámites necesarios para acceder a outros recursos.
  5. A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.
  6. A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.
  7. A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.
  8. O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.
  9. O mantemento actualizado do sistema de información de persoas usuarias.
  10. A coordinación efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúen no seu territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que poidan complementar a súa actuación.
  11. A cooperación con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias, sen prexuízo da observación das garantías establecidas na normativa sobre protección de datos de carácter persoal.

PROGRAMAS: 

1.- Programa de valoración orientación e información

2.- Programa de axuda no fogar de dependencia e libre concorrencia

3.- Programa básico de inserción social