Igualdade
8M 2022
Proxecto “365 pola Igualdade”
Proxecto financiado por os Fondos de Pacto de Estado contra a violencia de xénero do Ministerio de Igualdade.
Dentro deste proxecto levouse a cabo a acción “ Herdeiras do Saber” , que trata principalmente da recollida do coñecemento feminino que non se atopa nas enciclopedias e da promoción da igualdade de trato entre homes e mulleres así como da transmisión a xeracións futuras.
Como clausura desta accion levouse a cabo a 1ª Gala da Muller na que se homenaxearon a 8 mulleres do Concello de Pazos de Borbén de distintas xeracións e profesións
Vanesa Cernadas Varela
Ana Belén Pazo Amoedo
Cristina Boullosa Míguez
Delia Martín López
María Ermelinda Albán Corujeira
Marta Caterina Iglesias Santos
María Dolores Real Campo
Regina Parada Míguez
Curtametraxe: 8M-Mulleres traballadoras de Pazos de Borbén.
Curta creada por Código Diverse, o equipo de apoio LGTBIQ+ e igualdade de xénero do CPI Curros Enríquez. O equipo está formado por alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, o orientador e unha mestre de educación primaria.
O obxectivo do equipo, desde a súa creación en 2019, foi a de visibilizar a diversidade afectivo-sexual e familiar da sociedade cunha perspectiva feminista. Desde o inicio realízanse numerosas actividades aproveitando a conmemoración dos días sinalados no calendario escolar como por exemplo este 8M, no que se decidiu dar voz a algunhas mulleres traballadoras da contorna.
A elaboración do guión, a conducción das entrevistas e a gravación foron desenvoltas na súa totalidade polo alumnado de Código Diverse, baixo a coordinación do orientador do centro.
Aplicación EscApp
EscApp é unha aplicación da SX de igualdade da Xunta de Galicia en colaboración co CPEIG que ten como obxectivo proporcionar información de utilidade ás mulleres que se atopan nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a terminar con este tipo de situacións.
A App discorre a través de 6 ítems moi sinxelos e prácticos:
1.- Primeiros sinais dos malos tratos: Pautas para identificar si estás a vivir potencias situacións de malos tratos
2.- Que facer: consellos e indicacións de como proceder tanto lla muller é vítima de violencia directamente ou pautas de como actuar para calquera persoa que teña coñecemento dunha situación deste tipo
3.- Tips para a túa seguridade: ofrece pautas de actuación a quen viva situacións de violencia, tanto se aínda non abandonou a devandita situación (ofrece consellos claros e directos de como proceder para romper con ela), como si xa se denunciou a situación (ofrece consellos para a seguridade física da vítima)
4.- Preguntas frecuentes: contén a resposta ás preguntas que as mulleres que padecen violencia de xénero realizan de maneira recorrente, sobre todo en relación coa denuncia e a súa interposición, sobre a orde de protección e o que implica e sobre os recurso dos que pode dispoñer.
5.- Preto de min: Activa a través do geoposicionamento da vítima ou persoa que use a APP todo o directorio de recursos existente en Galicia: CIMs, comisarias, hospitais, xulgados específicos etc.
6.- Directorio: Figuran os datos completos da totalidade dos recursos existentes en Galicia (direccións e teléfonos)
7.- Chama e infórmate: Chan con pulsar esta opción de establece a chamada directa co 016 ou co teléfono 900400273 de información ás mulleres
8.- Galería audiovisual: enlaza coa canle que a Secretaría xeral da Igualdade ten activo en youtube e no que se soben os diferente produtos audiovisuais que se elaboren en diferentes proxectos. Actualízase automaticamente, de maneira que actualizada a canle actualizada a App.