Saúdo

Andrés Iglesias Rodriguez

Andrés Iglesias Rodriguez

Alcalde

Estimados internautas, sexan benvidos á páxina web do Concello de Pazos de Borbén. É a nosa intención mostrarlles o máis destacable deste acolledor Concello.

Aproveitamos estas liñas para invitalos a descubri-la beleza paisaxística desta terra, sempre coidadosa co seu patrimonio e tradicións, así como a coñece-la calidade da nosa gastronomía.

Tamén queremos facer especial mención ós nosos emigrantes, que teñen aquí unha porta de contacto coas súas xentes e aldeas.

Agardando que atopen nestas páxinas aquilo que precisen, aproveito para lles mandar un cordial saúdo,

O Alcalde