Facturas electrónicas

Os Códigos DIR3 do Concello de Pazos de Borbén son:

Oficina Contable: L01360372

Órgano Xestor: L01360372

Unidade Tramitadora: L01360372

N.I.F.S. asociados: P3603700J

A remisión de facturas electrónicas ao Concello de Soutomaior farase a través do PUNTO XERAL DE ENTRADA de FACe:

A factura electrónica

>>QUE É UNHA FACTURA ELECTRÓNICA?

Una factura electrónica é, ante todo, unha factura. É dicir, ten os mesmos efectos legais que unha factura en papel. Lembremos que unha factura é un xustificante da entrega de bens ou á prestación de servizos.
Una factura electrónica é unha factura que se expide e recibe en formato electrónico.

>>QUE SE NECESITA PARA CREAR UNHA FACTURA ELECTRÓNICA A PRESENTAR NUNHA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA?
Hai dúas formas de facelo:
• Mediante un programa informático que cree facturas electrónicas.
• Mediante a intermediación dun prestador de servizos de facturación electrónica.
No caso das pequenas ou medianas empresas, ou autónomos, poden utilizar o programa informático que se ofrece de balde na páxina www.facturae.gob.es

>>COMO ENVIAR A FACTURA ELECTRÓNICA?
As facturas electrónicas envíanse por Internet a través dos puntos xerais de entrada de facturas electrónicas do Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais.
Un punto xeral de entrada de facturas electrónicas é una xanela electrónica única de entrada de todas as facturas electrónicas dirixidas a una determinada administración.
O Concello de Pazos de Borbén optou por adherirse ao punto de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACe)

>> QUE É FACe?

Tal e como acabamos de decir, FACe é o punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado.
Pode acceder ao seu portal web tecleando no navegador:
https://face.gob.es/es
Nesta web pode:
• Enviar facturas á Administración Xeral do Estado ou a outras administracións adheridas, como é o caso do Concello de Soutomaior
• Consultar o estado das súas facturas.
• Consultar o directorio de unidades para coñecer o código de identificación da unidade destinataria.
• Descargar o programa informático de balde que ofrece o Ministerio   (http://www.facturae.gob.es/formato/Paginas/descarga-aplicaciones.aspx)
• Obter axuda