Cultura da auga

Os ríos de Pazos de Borbén están inzados de pontellas, muiños, canles e levadas, construccións de pedra cun estatus entre a arquitectura e a inxeñería popular. Trátase dun interesantísimo patrimonio etnografico que lamentablemente pouco a pouco vaise perdendo ó tempo que se abandonan os usos agrarios tradicionais

→ OS MUIÑOS

Os muíños son construccións que se utilizaban para moer o gran e facer fariña. Dada a importancia que tivo antigamente o pan na alimentación, os muíños constituén un elemento moi presente nas nosas parroquias, pois a actividade do mundo rural xiraba en torno a eles. Os nosos muíños son todos de pedra e hidráulicos e localízanse en Pazos de Borbén uns 60.

A maioría son sinxelos e pequenos, aínda que podemos atopar algúns nos que se construía un cubo ou pozo de pedra de gandes dimensións ó que chegaba a auga mediante un acueducto. Un exemplo deste sistema é o Muíño de Xacinto, en Xunqueiras. Outro bonito exemplo de muiño en bo estado de conservación é o Muíño de Fonte Cova en Borbén.

Muiño Novo (Río Barragán)
PGR 164

Muiño do Abade (Río Barragán)
PGR 164

Muiño da Fonte
Borbén.

Detalle muiño da Fonte
Borbén.

En torno ós muíños sempre atopamos fermosos restos en pedra, vestixios dun rico patrimonio histórico vencellado á vida no rural: levadas para a auga, pasais e pontellas, fontes, e típicos camiños de carros enlousados, agora en desuso, con pedras asurcadas polas rodeiras dos carros.

En torno ós muíños sempre atopamos fermosos restos en pedra, vestixios dun rico patrimonio histórico vencellado á vida no rural: levadas para a auga, pasais e pontellas, fontes, e típicos camiños de carros enlousados, agora en desuso, con pedras asurcadas polas rodeiras dos carros.

 

-> COMO SE EMPREGABAN

Os veciños das aldeas repartían as horas de moer o gran por turnos. Na nosa zona estes períodos de tempo que lle pertencían a cada veciño eran coñecidos como fridas.

Cando tocaba moer polas noites, acendíase unha pequena fogueira e cantabanse multitude de cantigas para pasar a noite mais entretida. Arredor dos muíños establecíanse pois importantes relacións sociais, ofrecendo a nosa cultura múltiples manifestacións relacionadas con eles. Hoxe en día estanse recuperando algúns destes muíños para que os máis novos saiban como era un muíño en funcionamento.

 

 

-> CRENZAS E SUPERSTICIÓNS

Contan que se acontecía algo extrano no muíño, como que paraba de moer por momentos ou algo así, era porque a Santa Compaña rondaba por alí. O que facían era botarlle unhas brasas da fogueira na moega á vez que se rezaba un Noso Pai e o muíño seguía funcionando de contado.