A institución provincial, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das nenas e os nenos e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural, organiza o programa “Depo Aventura A Lanzada” 2020 e oferta 2.200 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra.

Este programa ofrece a posibilidade de que nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra do seu contorno habitual.

OBXECTIVOS

Fomentar o contacto coa natureza
Ensinar a desenvolverse nun medio non habitual
Potenciar a motricidade e a maduración persoal
Ensinar a ocupar o tempo libre dunha forma construtiva
Desenvolver a sociabilidade entre as e os menores
Inculcar hábitos hixiénicos, alimentarios e de exercicio físico
Fomentar o respecto polo medio e a conservación da natureza
Darlles a oportunidade de participar a menores pertencentes a familias con escasos recursos económicos.

Máis info
Bases (BOPPO 03/03/2020)
Extracto da convocatoria (BOPPO 03/03/2020)
Tramitación en sede.depo.gal