As voces das pedras

O gran número de restos arqueolóxicos atopados nas terras de Pazos de Borbén, son sen dúbida un dos grandes tesouros cos que conta este municipio. O asentamento de culturas prehistóricas é moi evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na súa área xeográfica.

Os primeiros xacementos arqueolóxicos atopados dan unha cronoloxía que vai dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo, pero sen dúbida o marco cronolóxico que máis documentado está é a Idade de Bronce (1800 ó 600 a. d. C.). Nos séculos III e IV crese que Pazos de Borbén podería ser unha antiga poboación romana, coñecida como “Burbida”, pero hai desacordo entre os historiadores.

CATÁLOGO DE  XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS 

→ GRAVADOS RUPESTRES

Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres, importantes sináis de tempos antigos e testemuñas dunha historia da cal procedemos.

Antano, según a visión popular das xentes, coñecíanse como Pedras das Mouras ou Pedras das Cruces, considerándose mensaxes dun misterioso pobo desaparecido.

De forma moi breve podemos sinalar os seguintes petroglifos ou insculturas:

AMOEDO
Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen petroglifos de motivos xeométricos.

Así temos “A laxe das cruces dos Carballiños”, os petroglifos de Masusán e os de Alvedosa, entre outros.

Latitude: 42.2956770617
Lonxitude: -8.55749984685

Mapa da senda arqueolóxica de Amoedo.

 

 

BORBÉN
En Borbén existen gravados rupestres en “Castro do Coto do Corno” e tamén a coñecida “Pedra das Teixiñas”, que se atopa nas proximidades do parque-mirador do Santo Aparecido, e que posúe varios grupos de grabados. O máis significativo e se cadra o que amosa unha escea de apareamento entre dous cérvidos de gran cornamenta.

Latitude: 42.281087263086135
Lonxitude: -8.544799089431763

CEPEDA
En Cepeda existen petroglifos de motivos xeométricos en “Cavada de Santiago”, ou en “Valongos”.

Latitude: 42.2778307113
Lonxitude: -8.56686159968

 

MOSCOSO
En Moscoso, na “Casa da Rapadoira”, no que se poden observar combinacións circulares e máis un posible pé humano. Na “Laxe Escorregadoira” da Lameira e no “Outeiro do Mar” existen cruciformes e cazoletas, pero poden ser de épocas históricas.

Casa da Rapadoira
Latitude: 42.3239514802
Lonxitude: -8.51800113916

Laxe Escorregadoira
Latitude: 42.3110273445
Lonxitude: -8.49794894457