Exercicio de dereitos en materia de protección de datos persoais
Que dereitos o/a amparan en relación co tratamento dos seus datos?
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade dos datos, segundo ao establecido nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, xeral de protección de datos (RXPD).
Deste xeito, calquera persoa interesada ten dereito a obter confirmación sobre se no Concello de Pazos de Borbén estamos a tratar datos persoais dos que vostede é titular.
Así mesmo, tal e como se prevé no RXPD, informámoslle que vostede ten os seguintes dereitos:
Acceder aos seus datos
A través do exercicio deste dereito pode coñecer os seus datos de carácter persoal que están a ser tratados por parte do Concello de Pazos de Borbén , a finalidade deste tratamento, a orixe dos citados datos e se se comunicaron ou se lle van comunicar a un terceiro.
Rectificación dos seus datos
Consiste na posibilidade de que mediante o seu exercicio ante o responsable que trata os seus datos persoais modifique aqueles datos que sexan inexactos ou estean incompletos, debendo na solicitude de rectificación indicar que datos desexa que se modifiquen. A esta solicitude deberá achegarlle a documentación xustificativa correspondente.
Supresión de datos (dereito ao esquecemento)
A través do exercicio deste dereito poderá solicitar a supresión dos datos persoais sen dilación debida cando concorra algún dos supostos legalmente contemplados. Por exemplo, tratamento ilícito de datos ou cando desaparecese a finalidade que motivou o tratamento ou a recollida.
Con todo, existe unha serie de excepcións nas que non procederá este dereito. Por exemplo, cando deba prevalecer o dereito á liberdade de expresión e información.
Limitación do tratamento
Solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos supostos contemplados pola lexislación vixente, que se conservarán unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tal e como prevé o Regulamento xeral de protección de datos.
Á portabilidade dos seus datos
En determinadas circunstancias terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que nos facilitará, nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e a llelo transmitir a outro responsable do tratamento.
Oporse ao tratamento dos seus datos
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular poderá oporse ao tratamento dos seus datos, caso no que deixariamos de tratalos salvo por motivos lexítimos imperativos ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
Contactar coa persoa delegada de protección de datos
As persoas interesadas poderán poñerse en contacto coa persoa delegada de protección de datos do Concello de Pazos de Borbén polo que respecta a todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais e ao exercicio dos seus dereitos a través do formulario de contacto dispoñible na páxina “Delegado/a de protección de datos do Concello de Pazos de Borben“.
Dereito a non estar suxeito á toma de decisións automatizadas
Non estar suxeito a decisións que se basean unicamente en tomas de decisións automatizadas, o que inclúe a creación de perfís, cando a decisión poida ter un efecto legal sobre vostede.
Presentar calquera reclamación ante a autoridade de control
As persoas interesadas terán tamén o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: C/ Jorge Juan, 6. 28001. Madrid ou a través da súa sede electrónica https://sedeagpd.gob.es.
Cando responderemos á súa solicitude?
Responderemos ás súas peticións o máis axiña posible e, en calquera caso, no prazo dun mes desde a recepción da súa solicitude. O devandito prazo poderá prorrogarse outros dous meses en caso necesario e previa comunicación, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes.
Ten dereito a retirar o seu consentimento?
As persoas interesadas teñen dereito a retirar o consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Onde debe dirixirse para o exercicio dos seus dereitos?
Para o exercicio dos dereitos recoñecidos as persoas interesadas deberán formular a petición correspondente por vía electrónica a través do formulario de instancia xenérica dispoñible na sede electrónica do Concello de Pazos de borbén ou presencialmente a través do formulario de instancia xenérica e presentalo debidamente asinado na rede de oficinas de asistencia en materia de rexistros dirixido ó Concello de Pazos de Borbén .