Parroquias

O Concello de Pazos de Borbén ten uns 50 km² de extensión, dividido en oito parroquias.
Limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.

>> Parroquias e lugares de Pazos de Borbén

Amoedo
O Cabalo | O Carballiño | A Igrexa | Lamasusán | As Penas

Borbén
Cuartos de Borbén | O Mosteiro | O Pousiño | Sequeiros

Cepeda
A Alén | O Campiño | A Presa

A Ermida
A Ermida

Moscoso
Fraga do Rei | O Gorgoreiro | As Lombas

Nespereira
Alvite | O Areeiro | Barcenal | O Galleiro | O Outeiro | Torrente | O Valado | Zoce

Pazos
As Muras | Pazos

Xunqueias
O Cabo de Raña | Casqueiros | A Chan | Eidos de Riba

AMOEDO (SAN SADURNIÑO)

Situada na parte NO do Concello, linda cos municipios de Redondela e Soutomaior. Amoedo distribúese en catro barrios: Masusán, Carballiño, O Cabalo e A Igrexa. A súa poboación ronda os 528 habitantes.

Esta parroquia caracterízase por ser a zona máis industrializada do concello, ó contar co único parque industrial de Pazos de Borbén

BORBÉN ( SANTIAGO)

Situase na parte S-SE do concello, limitando cos municipios de Ponteareas e Mondaríz. Conta con 562 habitantes.

En Borbén celébrase a Romaría máis importante do Concello, a do Santo Aparecido, o último domingo de agosto. Celébrase esta romaría no parque e miradoiro do monte tamén chamado Santo Aparecido,Non faltan nesta festa a sardiñada e os grupos de gaiteiros e de danzas que acoden a esta cita imprescindible.

Podemos decir que todo o monte é un gran piñeiral.

CEPEDA (SAN PEDRO)

Cepeda distribúese en tres barrios: Alén, O Campiño e
A Presa. Conta con 210 habitantes.

É a parroquia máis pequena, en canto a vivendas, a maioría de recente construcción, medrando polo tanto a aldea nos últimos anos.

O igual que Nespereira, atópase moi próxima ós núcleos de poboación de Redondela.

A ERMIDA (NOSA SEÑORA DA ANUNCIACIÓN)

Atópase na parte Norte do concello limitando co municipio de Soutomaior, e encadrada entre as parroquias de Moscoso, Pazos e Amoedo. Conta con 119 habitantes.

Ermida é unha acolledora aldea situada na ladeira do monte denominado Coto do Corno. Foi antano un barrio de Sta. María de Pazos, segregada dende o s. XIX.

 

MOSCOSO (SAN PAIO)

Atópase na parte NE do Municipio. Linda con Fornelos de Montes e Soutomaior, entre as parroquias de Ermida, Pazos, Calvos e Traspielas, as dúas últimas pertencentes ó concello de Fornelos de Montes. Conta con 470 habitantes.

Divídese en tres barrios, As Lombas, Gorgoreiro e A Fraga do Rei. Xusto no centro do pobo atópanse a Igrexa de San Paio, o Centro Cultural e Recreativo e a antiga Casa da Sociedade, onde antano se celebraban seráns cada semana.

NESPEREIRA (SAN MARTIÑO)

Limita cos concelos de Mos e Redondela, sendo a parroquia máis próxima a ésta. Ocupa a parte Este de Pazos de Borbén. Conta con 784 habitantes.

Os seus lugares son Alvite, Areeiro, Barcenal, O Galleiro, Outeiro, Torrente, Valado e Zoce.

 

PAZOS (SANTA MARÍA)

É a capital do Concello. Atópase na parte central deste, rodeado polas restantes parroquias, e dividido en dous barrios, Pazos e Muras, este útimo encadrado no val do río Borbén. Conta con 347 habitantes.

En Pazos atópanse o Colexio Público Curros Enriquez, o centro médico e a nova Casa do Concello, construída no ano 2001. Tamén podemos atopar aquí o Pavillón Municipal de Deportes.

XUNQUEIRAS (SAN SALVADOR)

Ocupa a parte Este do Concello. Encadrada entre as parroquias de Moscoso, Borbén, Traspielas (Fornelos de Montes) e Festín (Mondaríz), Xunqueiras distribúese nos lugares de Casqueiros, Cabo da Raña, A Chan e Eidos de Riba.

Xunqueiras é unha fermosa aldea situada nunha grande chan, que se caracteriza pola tranquilidade e o contacto coa natureza dos que gozan os seus habitantes.