CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN

SEDE ELECTRÓNICA

U

TRANSPARENCIA

l

CONTRATACIÓN

r

COVID-19

Con data 24 de marzo de 2021 publícase, no Diario Oficial de Galicia, RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2021, de AUGAS DE GALICIA, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A); que regulan o procedemento para a concesión destas subvencións.

A actuación que se define neste proxecto consiste na dotación dunha instalación de saneamento, na parroquia de Amoedo, no lugar de Igrexa. En concreto, instalarase no camiño de acceso ao Monte da Costa, coa denominación de TRAMO 15 da ZONA 2; e se conectará á rede existente no camiño de Masusan, Tramo 10 da Zona 2.

O investimento é 26.495,79 euros 

O 09/08/2021 recíbese resolución de concesión do 100% para dito proxecto.”

O Concello de Pazos de Borbén vai implementar un punto limpo móbil ,co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos,  a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.

 

“O Concello de Pazos de Borbén vai implementar un punto limpo móbil ,co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.

Esta actuación está subvencionada ao 100% ao abeiro da ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT975I), DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021.

Os obxectivos, contido e plan de actuación do proxecto é reforzar esas debilidades do sistema actual e facilitarlle aínda máis á poboación a reciclaxe dos residuos e en concreto:
• Evitar o vertido incontrolado de residuos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.
• Xestionar correctamente os residuos perigosos xerados no fogar.
• Reducir o volume de residuos a tratar ou eliminar en vertedoiro.
• Fomentar os programas de sensibilización e formación ambiental.
• Aproveitar os materiais contidos nos residuos que son susceptibles dunha reciclaxe directa, conseguindo un aforro enerxético e de materias primas.
• Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos no medio natural e urbano do termo municipal.
Entre os beneficios ambientais derivados dos obxectivos anteriormente citados, cabe salientar que se evita o vertido de pilas, aceites e outros residuos perigosos, cuxos materiais provocan unha contaminación do medio e de cursos de auga se non se recollen de maneira controlada, e segundo a situación do concello de Pazos de Borbén, conta con gran cantidade de ríos : Río Borbén, Río Louro, río Barragán o cal conta con unha inportante senda de 17 km, río Pequeno e o río Alvedosa. Con elo paliaríamos a posible contaminación destas masas de auga. Ademais evitaríanse os vertidos incontrolados, por exemplo no monte, que supoñen unha importante perda de recursos paisaxísticos.

Pretende adquirirse un punto limpo móbil para pequenos residuos, que se poda colocar en diferentes sitios do concello, segundo un calendario preestablecido ou segundo a demanda que poda existir nun momento dado, para que a xente saiba que pode acudir a depositar esas pequenas cousas polas que non lles compensaría desprazarse ata outros puntos limpos situados fora do noso concello.

Este punto limpo móbil tería diferentes compartimentos:
– pequena chatalla electrónica/pequenos electrodomésticos
– pintura/bernices/disolventes
– aceites
– radiografías
– roupa/xoguetes
– baterías/pilas
– bombillas/fluorescentes”

Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O municipio de Pazos de Borben, adheriuse á iniciativa europea “Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía” co obxectivo de mellorar a sustentabilidade do municipio, asumindo o compromiso voluntario de reducir as emisións de CO2 nun 40% antes de 2030, mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e desenvolver medidas para adaptarse ás consecuencias do cambio climático. O Plan de acción fundaméntase no novo Pacto dos Alcaldías para o Clima e a Enerxía que pretende achegar os obxectivos enerxéticos marcados por Europa aos municipios de todos os países europeos.
Por iso os municipios asinantes comprométense a:
Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030
Aumentar a capacidade de resiliencia de Pazos de Borbén mediante a adaptación ao cambio climático.
Á súa vez, o primeiro obxectivo básico apóiase en dous complementarios que son:
Minimizar o consumo enerxético no municipio. Con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.
Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables. Existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.
Co fin de conseguir estes obxectivos realízanse distintas liñas transversais dividindo as medidas que se van a realizar no municipio por sectores para cumprir a periodicidade dos informes asociados ás distintas seccións de MyCovennant, centrándose principalmente naqueles que repercuten de maior maneira na produción de emisións.
A elaboración deste documento conta co apoio financeiro da Conselleria de Medio Ambiente , Territorio e Vivenda dá Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER ).”

Inventario municpipal do Concello de Pazos de Borbén

>> Ver planos

Teléfonos e contacto

Concello: 986497035 / 986497420
A.E.D.L e OMIX: 986498934.
Centro antena e biblioteca: 986497273
Centro de Saúde: 986497347
CPI Curros Enriquez:886110501 /509
Farmacia: 986497127
Garda Civil de Fornelos: 986 76 85 17

PISCINAS MUNICIPAIS 

Debido á pandemia de COVID-19
a PISCINA MUNICIPAL non abrirá este ano.

NOVAS

Curso manipulador de alimentos máis alérxenos

Curso manipulador de alimentos máis alérxenos

DURACIÓN: 4 horas
Prazas limitadas a 50
O prazo de inscrición remata o 09/12/2019
Prezo 12,00€

INSCRICIÓNS: AS INSCRIPCIÓNS DEBERÁN REALIZARSE POR REXISTRO DE ENTRADA NO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN ADXUNTANDO O CORRESPONDENTE RECIBO DE PAGO.
DATA, HORARIO E LUGAR DO CURSO: DÍA 14 de decembro de 2019, de 9:30h a 13:30h no salón de Actos do Concello de Pazos de Borbén.
>> Ver decreto aprobacion definitiva de participantes
>> Ver listado de participantes admitidos
>> Ver bases

Excursión a San Andrés de Teixido

Excursión a San Andrés de Teixido

Data: 28 de setembro.
O prezo son 33,00€ por persoa que inclúe o autobús, almorzo e seguro de viaxe.
Para máis información nas oficinas do Concello ou chamando ao 986 497 035.