CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN
SEDE ELECTRÓNICA
TRANSPARENCIA
CONTRATACIÓN
COVID-19
Teléfonos e contacto
Teléfonos
Concello: 986497035 / 986497420
Centro antena e biblioteca: 986497273
Centro de Saúde: 986497347
CPI Curros Enriquez:886110501 /509
Farmacia: 986497127
Garda Civil de Fornelos: 986 76 85 17
Dirección:
Concello de Pazos de Borbén,Lugar Pazos, 52 – 36841 – Pazos de Borbén
e-mail:
aedl@pazosdeborben.org
alcaldia@pazosdeborben.gal
estadistica@pazosdeborben.org
biblioteca@pazosdeborben.org
ssocial@pazosdeborben.org
omix@pazosdeborben.org
————————————————–
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA
Exp: 64/2023
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOCE PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, PARA O PROXECTO “CONTRATACIÓN PERSOAL PLAN CONCELLOS 2023, DENTRO DO PLAN DE CONCELLOS 2023 – LIÑA 3″ SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Aprobación lista de candidatos.
Resolución , lista de contratados.
Resoluciónde Alcaldía: Decreto de sustitución de D. Francisco Pérez Otero
————————————————–
BASES E CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE UNHA PRAZA DE PEÓN FORESTAL, DENTRO DO SERVIZO “CONTRATACIÓN PEÓN FORESTAL APROL RURAL 2022” SUBVENCIONADO POLA CONSELLERÍA EMPREGO E IGUALDADE SEGUNDO A ORDE DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO NO MEDIO RURAL.
APROBACIÓN AMPLIACIÓN LISTA CANDIDATOS ENVIADOS POLO SEPEG
APROBACIÓN DA SEGUNDA AMPLIACIÓN LISTA CANDIDATOS ENVIADOS POLO SEPEG
————————————————–
O Concello de Pazos de Borbén levou a cabo o proxecto:
Retirada do símbolo franquista na fachada principal da antiga praza de abastos de Moscoso subvencionado pola Deputación de Pontevedra a través da Liña A “supresión da simboloxía franquista” da convocatoria de subvención para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 publicada con data de 31 de marzo de 2022″
AXUDAS A MATERIAL ESCOLAR ANO 2022
O prazo de presentación de solicitudes termina o 18 de setembro de 2022
Documentación:
>> Bases (BOPP)
O Concello de Pazos de Borbén construíu unha pista de pádel no Areeiro ( Nespereira). Procedemos á apertura de dita pista para uso da cidadanía para partir do venres día 6 de maio de 2022.
SUBVENCIÓNS XUNTA DE GALICIA 2022-2023
PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2022-2023 INVESTIMENTOS
O Concello de Pazos de Borbén levou a cabo a seguinte actuación :
Asistencia para preparar a documentación necesaria par presentar a solicitude de subvención na convocatoria do PIREP LOCAL para o proxecto que se vai realizar no edificio de titularidade municipal “antiga casa Pousiño” SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN PONTEVEDRA
Importe da subvención: 4.840,00 euros
NOVAS

Patinaxe
O Concello de Pazos de Borbén oferta a actividade de patinaxe, por Depoescolas da Deputación de Pontevedra.
Horario: Martes de 15:45 a 16:45
Actividade gratuita
Lugar:Pavillón municipal
Máis información na OMIX do Concello de Pazos de Borbén, 986497035

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN 2021
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN vai realizar un campamento dentro do programa de fomento de conciliación da vida laboral e familiar subvencionado pola CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE.
DO 20 de xullo a 31 de agosto
HORARIO: DE 9:00 A 14:00H
IDADE: 4-14 ANOS.
PRAZO PARA ANOTARSE: dende o 13 de xullo ao 19 de xullo.
Para máis información e inscrición: Rexistro do Concello de Pazos de Borbén
Horario de oficina: de 9:00h a 14:00h , de luns a venres
Telf: 986497035

TALLER DE FOTOGRAFÍA PARA MULLERES
O CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN ORGANIZA UN TALLER DE FOTOGRAFÍA PARA MUJERES
– O prazo de inscrición finaliza o próximo 9 de setembro
O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa concellería de Igualdade, acaba de abrir o prazo de inscrición para o proxecto “ Namórate de ti”. Unha iniciativa destinada a potenciar nos participantes valores persoais como a autoestima, o empoderamento e a cooperación a través da arte da fotografía. O ciclo está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, polo que non ten custo algún.
A actividade conta con dez prazas dispoñibles e componse dun total de catro sesións que se desenvolverán a partir da última quincena do mes de setembro. En cada sesión traballaranse diferentes aspectos co obxectivo de melloras as calidades e capacidades das alumnas.
BANDO MUNICIPAL LIMPEZA BIOMASA E MAPAS
>> Ver Bando
SELECCION PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE NOVE PRAZAS DE PEÓNS DE OBRAS PÚBLICAS, PARA O PROXECTO “CONTRATACIÓN PERSOAL PLAN CONCELLOS 2021, DENTRO DO PLAN DE CONCELLOS 2021 – LIÑA 3 SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
BANDO MUNICIPAL LIMPEZA FAIXAS VIAS MUNICIPAIS 2021
>> Ver Bando
O Concello de Pazos de Borbén vai implementar un punto limpo móbil ,co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.
“O Concello de Pazos de Borbén vai implementar un punto limpo móbil ,co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.
Esta actuación está subvencionada ao 100% ao abeiro da ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT975I), DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021.
Os obxectivos, contido e plan de actuación do proxecto é reforzar esas debilidades do sistema actual e facilitarlle aínda máis á poboación a reciclaxe dos residuos e en concreto:
• Evitar o vertido incontrolado de residuos que non poden ser eliminados a través dos servizos convencionais de recollida de lixo.
• Xestionar correctamente os residuos perigosos xerados no fogar.
• Reducir o volume de residuos a tratar ou eliminar en vertedoiro.
• Fomentar os programas de sensibilización e formación ambiental.
• Aproveitar os materiais contidos nos residuos que son susceptibles dunha reciclaxe directa, conseguindo un aforro enerxético e de materias primas.
• Evitar o vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos no medio natural e urbano do termo municipal.
Entre os beneficios ambientais derivados dos obxectivos anteriormente citados, cabe salientar que se evita o vertido de pilas, aceites e outros residuos perigosos, cuxos materiais provocan unha contaminación do medio e de cursos de auga se non se recollen de maneira controlada, e segundo a situación do concello de Pazos de Borbén, conta con gran cantidade de ríos : Río Borbén, Río Louro, río Barragán o cal conta con unha inportante senda de 17 km, río Pequeno e o río Alvedosa. Con elo paliaríamos a posible contaminación destas masas de auga. Ademais evitaríanse os vertidos incontrolados, por exemplo no monte, que supoñen unha importante perda de recursos paisaxísticos.
Pretende adquirirse un punto limpo móbil para pequenos residuos, que se poda colocar en diferentes sitios do concello, segundo un calendario preestablecido ou segundo a demanda que poda existir nun momento dado, para que a xente saiba que pode acudir a depositar esas pequenas cousas polas que non lles compensaría desprazarse ata outros puntos limpos situados fora do noso concello.
Este punto limpo móbil tería diferentes compartimentos:
– pequena chatalla electrónica/pequenos electrodomésticos
– pintura/bernices/disolventes
– aceites
– radiografías
– roupa/xoguetes
– baterías/pilas
– bombillas/fluorescentes”
Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES)
O municipio de Pazos de Borben, adheriuse á iniciativa europea “Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía” co obxectivo de mellorar a sustentabilidade do municipio, asumindo o compromiso voluntario de reducir as emisións de CO2 nun 40% antes de 2030, mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e desenvolver medidas para adaptarse ás consecuencias do cambio climático. O Plan de acción fundaméntase no novo Pacto dos Alcaldías para o Clima e a Enerxía que pretende achegar os obxectivos enerxéticos marcados por Europa aos municipios de todos os países europeos.
Por iso os municipios asinantes comprométense a:
Reducir as emisións de CO2 un 40% para 2030
Aumentar a capacidade de resiliencia de Pazos de Borbén mediante a adaptación ao cambio climático.
Á súa vez, o primeiro obxectivo básico apóiase en dous complementarios que son:
Minimizar o consumo enerxético no municipio. Con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.
Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables. Existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.
Co fin de conseguir estes obxectivos realízanse distintas liñas transversais dividindo as medidas que se van a realizar no municipio por sectores para cumprir a periodicidade dos informes asociados ás distintas seccións de MyCovennant, centrándose principalmente naqueles que repercuten de maior maneira na produción de emisións.
A elaboración deste documento conta co apoio financeiro da Conselleria de Medio Ambiente , Territorio e Vivenda dá Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER ).”

Inventario municipal do Concello de Pazos de Borbén
>> Ver planos