Escudo e Bandeira

Decreto 85/1994, do 8 de abril DOG núm. 76 (21 de abril de 1994)

De azur (azul), un cruceiro de prata (branco), terrasado de sinople (verde). Ó timbre, coroa real pechada.

O cruceiro branco sobre a terrasa, ou base verde, que figura nestas armas municipais xustificouse polo uso, aínda que non exclusivo certamente, que de tal figura fixo nos seus selos o concello de Pazos de Borbén, e probablemente desde a súa creación no ano 1836. Así efectivamente figura, cando menos, en diversas reproduccións do selo municipal utilizado entre os anos 1847 e 1857, se ben se ignora a razón de traer ó mesmo este motivo tan pouco axeitado ó gusto heráldico.

>> Decreto escudo de Pazos de Borbén

 

Decreto 85/1994, do 8 de abril DOG núm. 76 (21 de abril de 1994)
Cortada pola metade. Amarelo a porción superior e azul ultramar medio a inferior.