O vindeiro XOVES 15 DE MAIO con motivo da rodaxe da serie de televisión “Marusía” no lugar de Cuartos de Borbén, produciranse CORTES INTERMITENTES DE TRÁFICO na vía EP-4301 e CORTE TOTAL da vía EP-2704 tanto ao inicio como ao final da rúa, deixando acceso exclusivamente a vivendas
Para facilitar a comprensión desta información, achegamos unha imaxe gráfica onde se representan os puntos afectados por ditos cortes.
Pedímosvos disculpas polas posibles molestias e agradecémosvos a vosa colaboración e comprensión.
